Este blog está dirixido ó alumnado do CEP Celso Emilio Ferreiro de Vigo e ás súas familias para facilitarlles o acceso a recursos e materiais educativos relacionados coa materia de inglés.
Uso educativo
Todas as imaxes e recursos publicados neste blog teñen exclusivamente uso educativo. Se algún deles está suxeito a dereitos de autor prégase que se comunique para retiralos. Moitas grazas.
Queres xogar e pasar un bo rato mentras aprendes inglés? Poderás escoller entre moitos temas.
A través destes xogos poderás repasar vocabulario sobre: escola, roupa, familia, medios de transporte, animais, xoguetes, comida e moitos máis. Hai dous niveis de dificultade. Elixe cal é o teu.
Non esquezas acender os altofalantes e prepararte para esta aventura.